Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46951

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 25 de outubro de 2019 para dar cumprimento ao previsto no ordinal quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central (Boletín Oficial del Estado número 74, do 28 de marzo), de interpretación do artigo 66 da LOREG no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral.

«En cumprimento do previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da XEC, de interpretación do artigo 66 da LOREG no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral, disponse a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da comunicación do director xeral da Corporación Radio Televisión de Galicia, do 25 de outubro de 2019, en relación co acordo adoptado polo Consello de Administración da mesma data, polo que se aproba o Plan de cobertura dos medios de comunicación públicos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (Televisión de Galicia e Radio Galega), relativo ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado do 10 de novembro de 2019, e que inclúe a previsión de debates e entrevistas que se celebrarán coas forzas políticas que emitirán por ambos os medios, Televisión de Galicia e Radio Galega, con indicación de data e hora de emisión, entidades políticas que se invitan e a súa duración, así como os criterios sobre a información específica relativa á campaña electoral, o que se indica para os efectos establecidos no punto cuarto.1 da Instrución da Xunta Electoral Central 4/2011, do 20 de marzo.

De conformidade co establecido na mencionada instrución, as entidades políticas afectadas poderán examinar a devandita programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, no prazo preclusivo dun día desde a publicación do acordo, e formular as reclamacións ou os recursos que consideren pertinentes».

O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREG e no punto quinto da referida Instrución 4/2011.

A Coruña, 25 de outubro de 2019

Lorenzo Villalpando Lucas
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña