De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos porque, tentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar este acto na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 16 de outubro de 2019
José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
ANP-PO-0029/2019 |
Natalia Adrea Lara Echeverri |
Incoación |
O xefe territorial |