De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras ser intentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: MON-CO-0005/2017-CSA.
Interesado: A28212264.
Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.