Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 29 de outubro de 2019 Páx. 46954

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de seis postos de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse mediante a Resolución CM 5/2019, do 25 de xaneiro (DOG núm. 43, do 1 de marzo), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de seis postos de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de seis postos de supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais, convocada mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2019.

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 21 de outubro de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Nome e apelidos: Montserrat Blanco González.

DNI: ***7293**.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Nome e apelidos: María Nieves Cardona Baglietto.

DNI: ***0789**.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Nome e apelidos: María Isabel Couñago Bautista.

DNI: ***6577**.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Nome e apelidos: Saladina Rodríguez Sánchez.

DNI: ***7552**.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Nome e apelidos: Yolanda Rúa Álvarez.

DNI: ***5101**.

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Gardas Xerais.

Nome e apelidos: Yolanda Tievo Docampo.

DNI: ***3542**.