Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46896

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa (expediente 7053/2018).

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Nº de expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

7053/2018

3769201PJ1336N0002RL

CR Ribadeo-Novo 10, Celeiro,Viveiro

76556177X

3770702PJ1337S0002MZ

CM Costa-Vello 7, Celeiro,Viveiro

B27737667

27067A001000360000XT

Polígono 1, parcela 36 terceiras, Celeiro,Viveiro

Descoñecido

27067A001000460000XX

Polígono 1, parcela 46 terceiras, Celeiro, Viveiro

Descoñecido

27067A001000530000XS

Polígono 1, parcela 53 terceiras, Celeiro, Viveiro

Descoñecido

Viveiro, 16 de outubro de 2019

María Loureiro García
Alcaldesa