Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46762

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (Diario Oficial de Galicia número 134, do 16 de xullo).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG núm. 134, do 16 de xullo), que se indican no anexo, cun importe total concedido de 659.719,45 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2 (código de proxecto 2018 000112), de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2019: 165.247,53 euros.

Ano 2020: 494.471,92 euros.

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente

Entidade

NIF

Concesión 1º período (2019)

Concesión 2º período (2020)

SI451A/2019-02

Fundación CIP

G15849318

20.000,00 €

60.000,00 €

SI451A/2019-04

Asociación de Empresarios de Mos

G36223543

17.500,00 €

52.500,00 €

SI451A/2019-07

Axel-Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

17.043,24 €

44.794,77 €

SI451A/2019-08

Fundación Nortempo

G70009949

15.000,00 €

45.000,00 €

SI451A/2019-09

Acción Laboral

V09409749

15.203,33 €

55.524,76 €

SI451A/2019-10

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

13.000,96 €

34.152,39 €

SI451A/2019-11

Apetamcor-Asociación de Empresarios de Transporte de Mercancías por Carretera

G32026056

17.500,00 €

52.500,00 €

SI451A/2019-16

Asociación Amicos

G15747678

15.000,00 €

45.000,00 €

SI451A/2019-17

Asociación Antonio Noche

G15210388

15.000,00 €

45.000,00 €

SI451A/2019-20

Ecos do Sur

G15354483

20.000,00 €

60.000,00 €

Total

165.247,53 €

494.471,92 €