Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46851

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 105/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 105/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Rodríguez Rodríguez, Francisco Cabado Fidalgo e Jesús Sancosmed Fernández contra a empresa Palex Ibérica, S.L., sobre despedimento, ditáronse as seguintes resolucións, as cales se encontran á súa disposición na sede deste xulgado:

Auto en que se despacha execución do 2.9.2019, recorrible en reposición no prazo de tres días.

Dilixencia de ordenación do 19.9.2019, en que se sinala incidente de non readmisión para o próximo día 7.11.2019, recorrible en revisión no prazo de tres días.

E para que sirva de notificación en legal forma a Palex Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza