Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 75 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020, do contrato de servizo para a redacción do proxecto de modificación do bombeo de augas residuais en Santa Marta. Baiona (expediente GA.18084).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato:

Título: servizo para a redacción do proxecto de modificación do bombeo de augas residuais en Santa Marta. Baiona (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.18084.

CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6 (elaboración de proxectos e deseños, orzamentos).

Orzamento base: importe neto: 10.710,00 euros. Importe total: 12.959,10 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Data da adxudicación: 10.12.2018.

Importe de adxudicación: importe neto: 9.780,00 euros. Importe total: 11.833,80 euros.

Empresa contratista: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L.

Publicidade da información da adxudicación do contrato menor no perfil de contratante: 18.12.2018.

3. Información sobre o cofinanciamento do contrato con fondos da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2 anterior cofinánciase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

Esta actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais”, Submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia