Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación avícola na parroquia de Congostro, no concello de Rairiz de Veiga (Ourense) (expediente 2019/0097).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 15 de outubro de 2019 do proxecto de ampliación dunha explotación avícola ata 47.970 polos de engorda, na parroquia de Congostro, no concello de Rairiz de Veiga (Ourense) promovido por Cavirsa Freire, S.C.

Este informe poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climatico
P.D. (Resolución do 8.10.2019)
Verónica Tellado Barcia
Subdirectora xeral de Residuos