Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46670

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes de supervisor/a de área.

Mediante a Resolución do 28 de xuño de 2019 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), convocáronse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de supervisor/a de área do Hospital Universitario Lucus Augusti.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes de supervisor/a de área convocada pola Resolución do 28 de xuño de 2019 (DOG núm. 136, do 18 de xullo).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñan dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscripción ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga tendrán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orden sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 2 de outubro de 2019

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto: supervisor/a da Área Funcional de Quirófano.

Deserta.

Posto: supervisor/a da Área Funcional de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: Ana Belén López López.

DNI: ***4785**.

Posto: supervisor/a da Área Funcional de Servizos de Soporte.

Nome e apelidos: Ana Gómez Abel.

DNI: ***3240**.

(*) O número do DNI dos profesionais relacionados amósase cifrado en protección de datos de carácter persoal, segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.