Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2019 pola que se fai pública a formalización do encargo co medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para a realización do servizo de actuacións de mantemento e xestión da biomasa no dominio público do encoro da Baxe en Caldas de Reis, Moraña e Cuntis.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización da encarga realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

Entidade que confire a encarga: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de tramitación do expediente: encarga a medio propio e instrumental e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Encarga.

Título e obxecto: servizo de actuacións de mantemento e xestión da biomasa no dominio público do encoro da Baxe en Caldas de Reis, Moraña e Cuntis (Pontevedra).

Clave do expediente: OH.736.1182.

Código CPV (referencia de nomenclatura): códigos CPV principais 77312000-0 (Servizos de roza), 77312100-1 (Servizos de eliminación de maleza), 77341000-2 (Podadura de árbores) e 77211400-6 (Servizos de corta de árbores) e CPV adicional 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Empresa destinataria do encargo: Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

Data da autorización previa da Consellería do Medio Rural: 25 de setembro de 2019.

Data de aprobación: 7 de outubro de 2019.

Data de formalización: 9 de outubro de 2019.

Orzamento: 100.283,30 euros (actuación non suxeita a IVE).

Importe total previsto do gasto: 100.283,30 euros. Inclúe o orzamento inicial da encarga.

Prazo de execución: 2,5 meses, sen previsión de prórrogas con incremento do gasto e sen prexuízo da/s ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto da encarga que foran necesarias sen incremento do gasto.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 9 de outubro de 2019.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012, DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia