Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 11 de outubro de 2019 polo que se notifica a resolución de execución subsidiaria de orde de demolición, derivada do expediente S-2010/007-C.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 11 de setembro de 2019 ditou resolución de execución forzosa, mediante a execución subsidiaria á custa de Manuel Emilio Mariño González e, de ser o caso, dos seus habentes causa, da Resolución do 4 de abril de 2011, que ordenou volver os terreos ao estado anterior á realización de obras obxecto do expediente S-2010/007-C (SIL/15/2012), tramitado por actuacións abusivas no lugar de San Pantaleón das Viñas, Apeadeiro de Souto, termo municipal de Paderne, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e carecendo da perceptiva autorización.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Manuel Emilio Mariño González, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación deste anuncio, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsidiaria, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución de que o presente acordo é un mero acto de execución. Se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da presente notificación ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística