Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46515

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 14 de outubro de 2019 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

DISPÓN:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

– DramaturXa: 16 €.

– A vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades. La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades: 6,20 €.