Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/003 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia xa que, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro dos actos que se notifican, xunto cos seus respectivos expedientes, atópanse á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser recorridas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 2 de outubro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/outro

Acto notificado

LU-2013/003

33998630F

33997705W

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2013/057

Y2917480J

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2019/013

77597473G

BB7892167

Resolución de cancelación da inscrición