Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46531

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican os destinos definitivos asignados na segunda fase do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, e se declara resolto definitivamente este proceso.

Pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 16 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 24 de setembro), publicáronse as puntuacións e destinos definitivamente asignados na primeira fase do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes á escala de saúde pública e administración sanitaria.

A base décimo segunda da Resolución do 25 de setembro de 2018, de convocatoria do concurso, dispón que, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva da primeira fase do concurso, o órgano convocante ditará resolución, que se publicará neste mesmo diario oficial, mediante a cal se dará a oportuna publicidade aos postos vacantes que se ofertarán na segunda fase do proceso, e convocará para a elección de destino definitivo a todos os aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010.

A correspondente resolución cos destinos definitivos da segunda fase do concurso será publicada no Diario Oficial de Galicia e nela indicaranse os prazos de cesamento no actual destino, independentemente da Administración onde se atope o/a concursante, se é o caso, e toma de posesión, tanto dos funcionarios aos que se lles adxudicou un novo posto no concurso de traslados como dos funcionarios de novo ingreso.

Realizado o acto de elección de destino correspondente á segunda fase deste proceso, e de conformidade coa base exposta, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo I desta resolución os destinos adxudicados aos/ás funcionarios/as incluídos na segunda fase do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos, do 25 de setembro de 2018, e declarar resolto definitivamente este proceso.

Segundo. Os/as concursantes que obtivesen destino na primeira e segunda fase do concurso deberán cesar no posto que desempeñen o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, segundo a redacción efectuada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, o prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comenzará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir da mesma data.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Destinos adxudicados-2ª fase

NIF

Apelidos e nome

Nº posto

Código do posto

Denominación do posto

Nivel

Centro de destino

Localidade/zona

– Farmacéutico/a inspector/a de saúde pública:

***5468**

Bermejo Díaz de Rábago, María Asunción

A088

CSA992000315770009

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

22

Servizo Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Santiago

Santiago de Compostela

***7544**

Cabrera Castellanos, María del Pilar

A102

CSA992000336560005

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

22

Servizo Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Vigo

Vigo

***5997**

Ces Gens, José Eugenio

*

***1457**

Domínguez Ferreiro, María del Carmen

RA106

CSA992000315770017

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

22

Servizo Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Santiago

Santiago de Compostela

***3903**

Fernández Fraga, María Isabel

A035

CSA992000327001021

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

22

Servizo Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Lugo

Lugo

***2661**

Fiunte Fernández, Celia

A034

CSA992000327001019

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

22

Servizo Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Lugo

Lugo

***6759**

Grande Casas, Rosa Mary

A105

CSA992000336560025

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

22

Servizo Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Vigo

Vigo

***7036**

Infanzón Álvarez, María Nieves

C001

CSA030020127001005

Sección da Área de Xestión e Calidade

25

Laboratorio de Saúde Pública de Galicia

Lugo

***5395**

Marquínez Ruiz de Arbulo, Julia

RA105

CSA992000315770015

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

22

Servizo Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Santiago

Santiago de Compostela

***6093**

Sánchez Castro, María del Pilar

RA086

CSA992000336001015

Farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública

22

Servizo Inspección Farmacéutica de Saúde Pública Zona Pontevedra

Pontevedra

– Inspector/a farmacéutico/a:

***5997**

Ces Gens, José Eugenio

*

***1053**

Rocha Blanco, María Begoña

A032

CSA991010127001018

Inspector/a farmacéutico/a

26

Servizo Inspección de Servizos Sanitarios

Lugo

***9147**

Rodríguez Costa, Elia

A066

CSA020000415770016

Inspector/a farmacéutico/a

26

Subd. Xeral Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios

Santiago de Compostela

– Inspector/a médico/a:

***3098**

Fernández Zas, Eva María

A014

CSA991010115001022

Inspector/a médico/a

26

Servizo Inspección de Servizos Sanitarios

Coruña, A

***2048**

Ferreiro Abelairas, Ana Belén

RA001

CSA991010227085001

Inspector/a médico/a

26

Inspección Sanitaria

Burela

***5628**

Gómez Varela, Margarita

*

***4161**

Picher Núñez, Margarita

A011

CSA991010115001019

Inspector/a médico/a

26

Servizo Inspección de Servizos Sanitarios

Coruña, A

***0752**

Puga Muñoz, Concepción

A049

CSA991010132001015

Inspector/a médico/a

26

Servizo Inspección de Servizos Sanitarios

Ourense

***2004**

Rivas Costa, Gonzalo

A012

CSA991010115001020

Inspector/a médico/a

26

Servizo Inspección de Servizos Sanitarios

Coruña, A

***2096**

Tesouro Moraño, María del Mar

A031

CSA991010127001015

Inspector/a médico/a

26

Servizo Inspección de Servizos Sanitarios

Lugo

– Subinspector/a sanitario/a:

***6551**

Alastrue Ruiz, Fátima

RB028

CSA020000415770025

Subinspector/a sanitario/a do Equipo Central de Inspección

22

Subd. Xeral Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios

Santiago de Compostela

* Este/a profesional acolleuse á previsión contida na base 12.3 da Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG núm. 193, do 9 de outubro), que o/a exime da obriga de elixir destino definitivo.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.