Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46519

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumplir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data da
sinatura

Convenio entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

Sen achega económica

21.2.2019

Convenio específico de colaboración entre a Asociación Centro de Excelencia Internacional en Investigación sobre Cronicidad-Kronikgune, a Consellería de Sanidade de Galicia e o Servizo Galego de Saúde, o Servizo Aragonés de Salud e Badalona Serveis Assistencials SA-BSA para o desenvolvemento do proxecto de investigación Mastermind: Management of mental health disorders through advanced technology and services-telehealth for the MIND

Sen achega económica

21.2.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Abracadabra de Magos Solidarios

Sen achega económica

1.3.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ourense, sobre a cesión ou comunicación de datos de carácter persoal necesarios para a realización de determinadas tarefas propias do persoal dos equipos asistenciais das unidades asistenciais de drogodependencias e unidades de día de drogodependencias

Sen achega económica

20.3.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

785.500,00 €

1.4.2019

Addenda de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Abbvie Spain, S.L.U., para o desenvolvemento e implementación do programa de derivación temperá nos procesos de incapacidade temporal de orixe musculoesquelética, asinado o 30 de abril de 2016

Sen achega económica

30.4.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vilanova de Arousa en que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Vilanova de Arousa

20.416,33 €

2.5.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

561.273,00 €

2.5.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención integral de persoas en risco e con trastornos adictivos da Comunidade Autónoma de Galicia, e do programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

860.535,00 €

2.5.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps) para a realización do programa de enlace para a promoción, tratamento e rehabilitación en saúde mental infanto-xuvenil na Área de Xestión Integrada de Ferrol

141.170,00 €

2.5.2019

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Takeda Farmacéutica España, S.A., para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención á cronicidade

Sen achega económica

2.5.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores

64.042,00 €

3.5.2019

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Merck Sharp & Dohme de España, S.A. para a participación no Primeiro Congreso Virtual 360 de Hospitais e Xestión Sanitaria

Sen achega económica

6.5.2019

Addenda ao convenio de colaboración do 7 de febreiro de 1985 de adscrición das escolas de enfermaría dependentes do Insalud á Universidade de Santiago de Compostela, asinado entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña

Sen achega económica

9.5.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (Ados), a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis), a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, a Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo) e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., para a dotación dos servizos de telecomunicacións, internet, mantemento do equipamento de comunicacións e xestión da rede

31.267.237,32 €
(2019-2022)

14.5.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para a realización de actividades de sensibilización e mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público de Galicia

Sen achega económica

20.5.2019

Addenda ao Convenio entre o Ministerio de Economía e Competitividade (agora Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) e o Servizo Galego de Saúde para o proxecto Código 100

13.000.000,00 €

21.5.2019

Convenio de colaboración entre a Fundación Dialnet da Universidade da Rioxa, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

22.5.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra el Cancer (sede provincial de Ourense), para pór á disposición desta asociación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no Hospital Comarcal de Valdeorras e no Hospital de Verín (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento do programa primeiro impacto e actividades de voluntariado

Sen achega económica

23.5.2019

Convenio de colaboración entre o Concello de Guntín (Lugo) e o Servizo Galego de Saúde para a realización de actuacións de mellora na asistencia sanitaria aos veciños do municipio

Sen achega económica

24.5.2019

Carta de intención no campo da saúde entre o Goberno da provincia de Hunan (República Popular China) e o Goberno de Galicia (Reino de España) no sector sanitario

Sen achega económica

28.5.2019

Acordo de prórroga dun ano do Acordo entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia para fixar as condicións da adquisición de vacinas de calendario e outras para o ano 2020

Sen achega económica

28.5.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ribeira, sobre a cesión ou comunicación de datos de carácter persoal necesarios para a realización de determinadas tarefas propias do persoal dos equipos asistenciais das unidades asistenciais de drogodependencias e unidades de día de drogodependencias

Sen achega económica

6.6.2019

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela para o asesoramento científico-técnico na adaptación, intervención e seguimento audiolóxico-protésico de calidade para o programa de detección da xordeira en período neonatal

Total: 72.600,00 €
2019: 12.100,00 €
2020: 18.150,00 €
2021: 18.150,00 €
2022: 18.150,00 €
2023: 6.050,00 €

13.6.2019

Décimo terceiro acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

904.775,65 €

1.7.2019

Décimo cuarto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001

3.770.524,58 €

1.7.2019

Décimo terceiro acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

64.469,25 €

1.7.2019

Acordo específico de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, e a Casa de Galicia en Uruguai, para o intercambio e mellora da formación técnica e científica

Sen achega económica

3.7.2019

Acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, para o intercambio e mellora da formación técnica e científica

Sen achega económica

3.7.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Farga para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores

23.063,00 €

3.7.2019

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Lundbeck España, S.A., para o desenvolvemento de actividades de promoción da saúde mental

Sen achega económica

4.7.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue

58.200,00 €

5.7.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Asociación de Loita contra as Enfermidades Renais da Coruña para a cesión de datos das tarxetas de doante de órganos e tecidos

Sen achega económica

5.7.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Padrón en que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Padrón

7.159,57 €

11.7.2019

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Amancio Ortega Gaona para a doazón dos importes correspondentes aos custos de dotación e actualización de diverso equipamento e das adaptacións necesarias de espazos, asinado o 22 de outubro de 2015

Sen achega económica

11.7.2019

3º acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer) para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise da provincia de Lugo

634.792,56 €

2019: 476.094,42 €

2020: 158.698,14 €

7.8.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo (PAIME)

40.057,00 €

19.8.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Arbo sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Arbo

Sen achega económica

22.8.2019

Convenio específicio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela, para a implantación da aplicación Caléndula na plataforma É-Saúde

71.934,50 €

25.8.2019