Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46435

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (100/2018).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Banco de Sabadell, S.A. fronte aos ignorados ocupantes do inmoble sito no lugar da Igrexa, 39, Baíña, Baiona, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 20 de setembro de 2019

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre desafiuzamento por precario co número 100/2018, promovidos por Banco Sabadell, S.A., representado pola procuradora Sra. Álvarez Vázquez e asistido da letrada Sra. Montalvo Moreno, contra ignorados ocupantes do inmoble sito no lugar da Igrexa, nº 39, Baíña (Baiona), en situación procesual de rebeldía.

Resolución:

Estimando na súa integridade a demanda promovida pola representación de Banco Sabadell, S.A. contra ignorados ocupantes do inmoble sito en lugar da Igrexa, nº 39, Baíña (Baiona), debo declarar e declaro que procede desafiuzamento do inmoble sito no lugar da Igrexa, nº 39, Baíña (Baiona), e condeno os demandados a deixala libre e expedita e á disposición do demandante, con expresa imposición das custas procesuais aos demandados.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra».

E encontrándose o dito demandado, os ignorados ocupantes do inmoble sito en lugar da Igrexa, 39, Baíña, Baiona, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 27 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza