Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-231/2019-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-231/2019-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, apartado c), da mesma lei.

A Coruña, 10 de outubro de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-231/2019-PPM

76778104X

Resolución

Lugar San, 72, Boiro

PSC-CO-258/2019-PPM

53485439C

Resolución

r/ Angustia, 49, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-261/2019-PPM

53484837Q

Resolución

Quintáns, 1, Santa Cruz de Lesón, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-291/2019-PPM

52454337P

Resolución

Escarabote, 61, Boiro

PSC-CO-292/2019-PPM

44848571C

Resolución

r/ Principal, 131-5º A, Boiro