Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46404

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 16 de outubro de 2019 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código do procedemento CO300D).

A Orde do 27 de xuño de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 129, do 9 de xullo, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código do procedemento CO300D).

No artigo 1.3 parágrafo segundo do anexo I das bases reguladoras, establécese a consideración de actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.

O artigo 19 do anexo I das bases reguladoras establece que o pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 3 da convocatoria e ata o 31 de outubro de 2019, dunha copia da documentación especificada no citado artigo 19.

Tendo en conta o longo proceso de avaliación, e co fin de optimizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o artigo 19.1 do anexo I da orde, ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte dos beneficiarios.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do artigo 19.1 do anexo I da Orde do 27 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código do procedemento CO300D)

O primeiro parágrafo do artigo 19.1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 3 da convocatoria, e ata o 15 de novembro de 2019, dunha copia da seguinte documentación:».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria