Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2015/20-0, no concello de Arzúa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa, no concello de Arzúa (expediente IN407A 2015/20-0), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 11 de outubro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/20-0.

Entidade beneficiaria: Nedgia Galicia, S.A.

Denominación da instalación: rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa.

Concello: Arzúa.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Núm. depósito

Importe

CO-AR-01

Arzúa

Herdeiros de Elena Álvarez Gil

1914/2019

1.015,27 €