Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46383

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fan públicas a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que terá lugar o día 2 de decembro de 2019 en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019

O secretario xeral da Emigración
P.S. (Decreto 76/2017, do 28 de xullo)
José Carlos García Bouzas
Subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que terá lugar o vindeiro 2 de decembro en Santiago de Compostela.

1. Constitución da Comisión e apertura da sesión.

2. Aprobación da acta da reunión extraordinaria da Comisión Delegada do 5 e do 6 de abril de 2019.

3. Avance do desenvolvemento da orde do día do XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

4. Rogos e preguntas.

5. Clausura da reunión.