Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46432

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de outubro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a da Sección de Cirurxía Cardiovascular-Área de Cirurxía Cardíaca Infantil e Conxénita.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, no Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, de acordo co establecido na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada da Coruña

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, mediante o procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a da Sección de Cirurxía Cardiovascular-Área de Cirurxía Cardíaca Infantil e Conxénita.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña e poderán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital Universitario A Coruña, Edificio Hotel de Pacientes, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña), así como a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na páxina web do Espazo do Profesional da Xerencia da Xestión Integrada da Coruña.

A Coruña, 3 de outubro de 2019

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña