Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46276

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019 relativa á composición da Xunta Electoral de Galicia.

Tendo en conta os seguintes antecedentes relativos á composición da Xunta Electoral de Galicia:

• Resolución do 16 de xaneiro de 2017 relativa ao nomeamento dos membros integrantes da Xunta Electoral de Galicia (DOG núm. 14, do 20.1.2017);

• Resolución do 24 de abril de 2019 relativa á provisión da vacante no cargo de presidente da Xunta Electoral de Galicia (DOG núm. 83, do 2.5.2019);

• Decreto 98/2019, do 29 de agosto, polo que se nomea un membro da Xunta Electoral de Galicia (DOG núm. 165, do 2.9.2019);

• Real decreto 488/2019, do 2 de agosto, polo que se nomea presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (BOE núm. 212, do 4.9.2019).

Deste xeito, ao abeiro do artigo 18.6 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, a Xunta Electoral de Galicia resolveu declarar para público coñecemento, en virtude do seu contido de carácter xeral, a súa composición actualizada:

Presidente: José María Gómez y Díaz Castroverde, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vicepresidente: Antonio García Amor, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.b).

Vogais: maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 14.1.c):

Fernando Alañón Olmedo.

Antonio Martínez Quintanar.

María Azucena Recio González.

Vogais: profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia (artigo 14.1.d):

Ángel Gómez Iglesias Casal.

Jesús Martínez Girón.

Carlos Martínez-Buján Pérez.

Francisco Javier Sanjiao Otero.

Secretario: Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado maior do Parlamento (artigo 15.2).

A Coruña, 14 de outubro de 2019

José María Gómez y Díaz Castroverde
Presidente da Xunta Electoral de Galicia