Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46295

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

EDICTO (434/2016).

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo.

Sentenza: 20/2017.

Divorcio contencioso 434/2016.

Procedemento de orixe: divorcio contencioso 1225/2016.

Sobre divorcio contencioso.

Demandante: Fatna Akadil Karin.

Procurador: Marcial Puga Gómez.

Avogada: María Elena Villafañe Verdejo.

Demandado: Kamal Sammama.

Sentenza 20/2017.

Xuíz que a dita: Jorge Hernández García.

Lugar: Carballo.

Data: 24 de febreiro de 2017.

Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Presentouse demanda o 15.10.2016, en que se solicitaba a declaración do divorcio do matrimonio formado por Fatna Akadil Karin e Kamal Sammama, xunto cos seus efectos legais ante o Decanato da Coruña. O Xulgado de Instancia número 10 da Coruña inhibiuse a este partido dando lugar ao procedemento de divorcio contencioso 434/2016.

Decido que debo acordar e acordo a disolución do matrimonio formado por Fatna Akadil Karin e Kamal Sammama, con todos os efectos legais».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Kamal Sammama, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación, facéndollo saber ao demandado Kamal Sammama que os autos e a resolución íntegra se achan á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Carballo, 31 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza