Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46287

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2019, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal laboral de administración e servizos.

Estando vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución e sendo necesaria a súa provisión, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución do 20 de xuño de 2018 e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 91.4 dos estatutos da USC e no artigo 25 do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), resolve convocar a provisión de dito posto mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira. Poderá participar o persoal laboral fixo da USC, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme e os sancionados con cambio de localidade que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase unicamente a través do rexistro electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberase presentar acompañada de curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que se aleguen, agás que consten acreditados no expediente persoal do/da aspirante.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: vicexerente/a do Campus de Lugo.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico/a superior de xestión.

Complemento 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria/especial dedicación.

Localidade: Lugo.

ANEXO II

Universidade de Santiago de Compostela
Solicitude de participación no procedemento de libre designación,
convocado pola Resolución da Xerencia do 9 de outubro de 2019

DATOS PERSOAIS

DNI

APELIDOS

NOME

DESTINO ACTUAL

CATEGORÍA A QUE PERTENCE

GRUPO

TELÉFONO:

CORREO ELECTRÓNICO

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

PROVINCIA

POSTO QUE SOLICITA

Denominación do posto

Vicexerente/a do Campus de Lugo

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a a convocatoria a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela, e que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria e se compromete a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e do Regulamento UE 2016/679, os datos recollidos neste procedemento serán tratados pola USC no tratamento denominado “Persoal” cuxa finalidade é a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e seguridade social e xestión de persoal. O órgano responsable do devandito tratamento é a Xerencia ante o que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento oposición e portabilidade, na Casa da Balconada; rúa Nova, nº 6; 15782 Santiago de Compostela, mail: xerente@usc.es, teléfono 881 81 10 10. O Delegado de Protección de Datos é José Julio Fernández Rodríguez, dpd@usc.es A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica de universidades e na Lei autonómica 6/2013, do sistema universitario de Galicia). Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia, e nos supostos de obrigacións legais. As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento oposición e portabilidade a través de Sede Electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm. Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna. Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais. Cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables. A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

Autorizo o tratamento dos datos proporcionados de acordo coa lexislación vixente

……………………………………., ……….. de…………… de 2019

(Sinatura)

Xerente da Universidade de Santiago de Compostela