Mediante a Orde do 28 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 111, do 13 de xuño), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria convocaron conxuntamente as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, para o ano 2019.
No artigo 3 da convocatoria disponse que a duración das axudas da modalidade B será dun máximo de 2 anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na resolución de adxudicación, que terá que ser a partir do 15 de novembro de 2019 ata a data que corresponda segundo a sinatura dos contratos das persoas seleccionadas.
O artigo 13 establece que a data límite para a sinatura dos contratos do modalidade B será antes do 1 de decembro de 2019.
Tendo en conta o anterior, e dado que os contratos da modalidade B teñen como data de finalización prevista antes do 1 de decembro de 2021, non é axeitado financiar a liña de investigación propia para o ano 2022, polo que o importe previsto para ese ano acumúlase á anualidade de 2021.
Esta modificación só afecta a modalidade B da convocatoria e non afecta a concorrencia competitiva.
En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,
ACORDAMOS:
Artigo único. Modificación da Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019
A Orde do 28 de maio de 2019 modifícase nos termos sinalados nos números seguintes:
Un. No artigo 14 modifícase a táboa do punto 3, modalidade B, nos seguintes termos:
– Modalidade B.
Período de xustificación |
Documentación |
Data límite de presentación |
Desde a data de comezo dos contratos ata o mes de abril de 2020, este incluído |
A documentación indicada nas alíneas a), b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo. |
30 de xuño de 2020 |
Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato. |
||
Xustificación da liña de investigación propia: desde o comezo do contrato ata o mes de novembro de 2020, este incluído |
A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo e unha memoria do traballo realizado. |
30 de novembro de 2020 |
Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes ao establecemento da liña de investigación propia. |
||
De maio de 2020 a outubro de 2020, ambos os meses incluídos |
A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo. |
15 de decembro de 2020 |
Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos. |
||
De novembro de 2020 a abril de 2021, ambos os meses incluídos |
A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo. |
30 de xuño de 2021 |
Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao segundo ano de contrato. |
||
Xustificación da liña de investigación propia: de decembro de 2020 ata o mes de novembro de 2021, ambos os meses incluídos |
A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo e unha memoria do traballo realizado. |
30 de novembro de 2021 |
Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes ao establecemento da liña de investigación propia. |
||
De maio de 2021 a outubro de 2021 ambos os meses incluídos |
A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo. |
15 de decembro de 2021 |
Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos. |
||
De novembro de 2021 ata a finalización dos contratos |
A documentación indicada nas alíneas b), c), d), e) e g) do punto 2 deste artigo e ademais a documentación que se indica no punto 6 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación. |
30 de xuño de 2022 |
Dous. No artigo 20 modifícase a táboa orzamentaria da modalidade B, nos seguintes termos:
Modalidade B:
Entidade beneficiaria |
Nº axudas |
Aplicación orzamentaria |
Crédito (en euros) |
|||
2020 |
2021 |
2022 |
Total |
|||
Universidades do SUG |
20 |
10.40.561B.444.0 |
750.444,44 |
780.000,00 |
29.555,56 |
1.560.000,00 |
Universidades do SUG |
10.40.561B.744.0 |
200.000,00 |
300.000,00 |
0,00 |
500.000,00 |
|
Outras entidades |
1 |
09.A3.561A.480.0 |
37.522,22 |
39.000,00 |
1.477,78 |
78.000,00 |
Outras entidades |
09.A3.561A.781.0 |
10.000,00 |
15.000,00 |
0,00 |
25.000,00 |
|
Total modalidade B |
997.966,66 |
1.134.000,00 |
31.033,34 |
2.163.000,00 |
Tres. Modifícase o artigo 1 do anexo II, que queda redactado como segue:
«Artigo 1. Obxecto da axuda
Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Gain, de apoio á etapa de formación posdoutoral, co obxecto de dar continuidade á formación do persoal investigador que obtivo unha praza na modalidade A da convocatoria de 2016 do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral, 2016, que acabou o contrato e que acadou unha avaliación positiva, e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria do ano 2014 ás cales, por circunstancias especiais, se lles concedese o aprazamento da avaliación, que completasen o programa e que acaden unha avaliación positiva, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración».
Catro. Modifícanse as alíneas b) e c) do artigo 3 do anexo II, que quedan redactadas como segue:
«b) Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 10.000 euros en 2020 e 15.000 euros en 2021.
c) Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación».
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019
Carmen Pomar Tojo |
Francisco Conde López |