Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46225

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial, polo procedemento de taxación conxunta, do proxecto de expropiación forzosa das parcelas non incorporadas á Xunta de Compensación do sector II do SUNP ‘IN-G’, polígono 3.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de setembro de 2019, aprobou inicialmente, polo procedemento de taxación conxunta, o proxecto de expropiación forzosa das parcelas non incorporadas á Xunta de Compensación do sector II do SUNP ‘IN-G’, polígono 3, concello de Lugo, cos seguintes documentos que regulamentariamente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación de prezos coa clasificación razoada do solo.

c) Follas de prezo xusto individualizadas de cada parcela.

A superficie para expropiar é de 2.988,62 m2. A valoración total ascende á cantidade de 30.449,30 €, segundo a relación de propietarios afectados que a continuación se detalla:

Parcela

Propietario (domicilio)

Superficie

Valoración

Valoración co 5 % de premio afección incluído

1

Ermita Paz Barreiro

710,26 m²

Pandello 20 m²

Arboredo

4.041,37 €

1.099,60 €

7.735,30 €

13.520,08 €

2

Manuel Regueiro García

452,36 m²

Arboredo

2.573,92 €

4.784,35 €

7.726,18 €

3

Ana Blanco Nogueiro

1.826,00 m²

8.764,80 €

9.203,04 €

Total

2.988,62 m²

28.999,34 €

30.449,30 €

En cumprimento do disposto no artigo 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que se sinalan, sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, durante o cal os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Urbanismo, na oficina de Xestión Urbanística, primeiro andar do edificio sito na rolda da Muralla, 197 (antigo Seminario), así como presentar as alegacións, reclamacións ou suxestións que desexen, mediante escrito dirixido á Alcaldía.

Lugo, 25 de setembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 19005695)
Miguel Ángel Couto Alonso
Concelleiro delegado de Urbanismo Sostible