Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de outubro de 2019 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/8/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a José María Castosa Mourín e María Maravillas López Díaz para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/8/2016-RP1, en relación coas obras de reforma total dunha vivenda que orixina unha nova realidade construtiva, no lugar de Recimil, no termo municipal de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística