Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46008

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para ser executada durante os anos 2019 e 2020.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 1 de outubro de 2019, da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización polo sistema de «administración» das accións para dar apoio técnico para o desenvolvemento dunha orde de axudas para recolla de residuos, elaboración da documentación asociada e para a avaliación das solicitudes.

– Actividade: realización das actuacións relativas á execución polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar das accións necesarias para dar o apoio técnico necesario para desenvolvemento dunha orde de axudas para a recolla de residuos, a elaboración da documentación asociada e para a avaliación das solicitudes de acordo coas condicións establecidas no prego de condicións aprobado para o efecto.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 2 de outubro de 2019 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019 e 2020, na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar