Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 45998

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS327A).

BDNS (Identif.): 477465.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas mozas que teñan entre 18 e 30 anos e estean domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas e que conten cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorran. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

Segundo. Obxecto

Regular o procedemento de concesión dos premios ao talento mozo na Comunidade Autónoma de Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

Cos premios Talento Mozo Galicia tratarase de recoñecer e visibilizar o talento e capacidades da xuventude galega, nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e Creación.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS327A).

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 25.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.1 consignada na Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas na orde de convocatoria, cuxa dotación económica será de 5.000 euros por modalidade.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

A concesión da axuda tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Para a valoración dos expedientes constituirase un xurado cuxos membros serán designados entre persoas destacadas no ámbito institucional e/ou socialmente pola súa relevancia profesional e persoal en cada unha das modalidades dos premios.

O premio é compatible con outros outorgados coa mesma finalidade por todo tipo de organismos públicos ou privados.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social