Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento (expediente LU-44322).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se ignora o lugar da notificación, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Servizo de Recursos Especializados para a Discapacidade, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselle á persoa interesada que disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da notificación do acto, para presentar as alegacións, os documentos e as xustificacións que xulgue pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 41 da Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 91, do 14 de maio).

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Expediente: LU-44322.

DNI: 36113226Y.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento do 4 de outubro de 2019. Artigo 41 da Orde do 16 de abril de 2014.