Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45848

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

O 6 de febreiro de 2019, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria publicou a Resolución do 26 de decembro de 2018 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2019) pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

O artigo 7 da Resolución do 26 de decembro de 2018, relativo ao financiamento das axudas, detalla a aplicación orzamentaria, o importe previsto e a súa distribución por anualidades. As ditas axudas encádranse na medida 16 de cooperación, correspondendo coa submedida 16.20, axudas para o apoio de proxectos piloto, para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no sector agroforestal.

Para o financiamento das axudas convocadas en virtude da Resolución do 26 de decembro de 2018, foi preciso asignar os importes para cada unha das anualidades. Unha vez examinadas as solicitudes presentadas dentro desta liña de axudas, as actuacións que se poderían desenvolver para o cumprimento do obxectivo de apoio á innovación agroforestal e a execución dun maior número de proxectos exixen a redistribución dos importes iniciais entre as anualidades da axuda que financia esta convocatoria de subvencións. Este reaxuste de anualidades redundará, así, en beneficio do sector e dos colectivos destinatarios.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Modifícase o parágrafo primeiro de punto 1 do artigo 7, que queda redactado do seguinte xeito:

«O financiamento das iniciativas de cooperación seleccionadas ao abeiro desta convocatoria imputarase á aplicación orzamentaria 14.A2.561A.770.0, código de proxecto 2016 00217, por un valor total de 1.495.800,00 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 123.403,50 euros en 2019, 729.202,50 euros en 2020 e 643.194,00 euros en 2021».

A modificación obxecto da presente resolución, de modificación da Resolución do 26 de decembro de 2018, non implica a apertura de novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria