Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cenlitrosmetrocadrado, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Cenlitrosmetrocadrado, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 23 de setembro de 2019, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é na rúa das Hedras, número 4-1º C, O Milladoiro, CP 15895, concello de Ames, provincia da Coruña.

A Coruña, 8 de outubro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña