Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45859

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 1 de outubro de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia convocado mediante a Orde do 24 de xullo de 2019.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, mediante a Orde do 24 de xullo de 2019 (DOG núm. 154, do 14 de agosto), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 24 de xullo de 2019.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Sousa Rodríguez, María Encarnación.

DNI: ***8561**.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: titulados superiores do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

Código do posto: EI.O21.00.002.15770.001.

Denominación: subdirector/a xeral técnico e de Planificación.

Nivel: 30.

Centro directivo: Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.