Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45757

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de notificación en materia de xestión da biomasa.

Sendo preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e consonte o establecido nos artigos 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, as notificacións practicaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, quedando a eficacia do acto notificado supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poden consultar o contido integro do acto que se notifica e o correspondente expediente no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a comparecencia realizarase nas dependencias municipais, situadas na praza do Seixo, 1, 36740 Tomiño, en horario de atención ao público.

Nº de expediente

Referencia catastral

1114/2019

36054A062003580000EQ

1672/2019

36054A094004010000EK

1599/2019

36054A078000240000ET

1904/2019

36054A074001390000EA

1682/2019

36054A078000430000EU

1863/2019

36054A068000690000ED

1864/2019

36054A068000700000EK

1869/2019

36054A068000750000EJ

Tomiño, 3 de outubro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente