Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 4 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de reforma e ampliación de explotación, ata 2.865 porcos de ceba, na parroquia do Mato, no concello de Chantada (Lugo) (expediente 2017/0026).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 4 de outubro de 2019, do proxecto de reforma e ampliación de explotación, ata 2.865 porcos de ceba, na parroquia do Mato, no concello de Chantada (Lugo), promovido por Productos Miño, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático