Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45681

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2019, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses

de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao coa finalidade de financiar os investimentos realizados pola devandita federación, para levar a cabo unha acción formativa dirixida ás súas asociadas, co obxecto de que adquiran coñecementos dixitais.

3.000 €

20.5.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros.

1.700.000 €

22.5.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Cooperativa de Armadores del Puerto de Vigo, Sociedade Cooperativa Galega, para a organización da VI Conferencia internacional ARVI sobre o futuro da pesca e o Festival ARVI do peixe, Vigo Seafest 2019.

135.122,89 €

4.6.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución sen ánimo de lucro, para acadar a mellora da competitividade.

15.000 €

4.6.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución sen ánimo de lucro, para acadar a mellora da competitividade.

15.000 €

5.6.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución sen ánimo de lucro, para acadar a mellora da competitividade.

27.000 €

5.6.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para o intercambio de información para investigación sobre a pesca artesanal en Galicia.

Sen custo económico

10.6.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización das embarcacións tradicionais e o XIV encontro de embarcacións tradicionais de Galicia durante o ano 2019.

46.576 €

26.6.2019

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería do Mar para o desenvolvemento do proxecto de investigación Poboacións microbianas e control de patóxenos en criadeiro de bivalvos. Cara ao criadeiro do futuro.

Sen custo económico

1.7.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización da acción de investigación Criadeiros de bivalvos: análise integrada de datos de cultivo (biolóxicos-microbiolóxicos) e busca de indicadores prácticos (éxito-fracaso).

78.408 €

1.7.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización e fomento da carpintería de Ribeira durante o ano 2019.

28.000 €

3.7.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do proxecto Táboas Input-Output da pesca galega 2019.

153.000 €

16.7.2019

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar o persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

60.000 €

18.7.2019