Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de outubro de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Oubiña, segundo sector (Cambados-Pontevedra).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Oubiña, 2º sector (Cambados-Pontevedra), que con data do 30 de setembro de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, mediante o presente acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona Oubiña, 2º sector (Cambados-Pontevedra).

Conforme o disposto no número 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do departamento territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 2 de outubro de 2019

María José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra