Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45659

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 126/2019, do 9 de outubro, polo que se nomean membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 7, 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 8 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada polas entidades e organizacións correspondentes,

DISPOÑO:

Artigo 1

Noméanse membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia as persoas que se indican a continuación:

– En representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.): Carlos Pardo Pardo.

– En representación da Confederación de Empresarios de Galicia: José Manuel Maceira Blanco.

– En representación do Consello de Economía Social: Antón Insua López.

Artigo 2

Noméanse membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia as persoas que se indican a continuación:

– En representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.): Alejandro Rodríguez Pazos.

– En representación da Confederación de Empresarios de Galicia: María del Mar Barreiro Mariño e Cristina Rama Molinos.

Santiago de Compostela, nove de outubro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente