Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45499

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2019 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal laboral desta entidade para o exercicio 2019.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 13 de xuño de 2019, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2019: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios e na intranet da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2019

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega