Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45645

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente URB 39/2018 GEST 803/2018).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 16 de Pedornes, no termo municipal de Oia (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o enderezo do titular das parcelas 1243, 1245, 1248 e 1249 do polígono 22 (ref. catastral 36036A022012490001WS, 36036A02212430001WR, 36036A022012450001WX e 36036A022012480001WE, respectivamente), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/39/2018 (803/2018)

Richard Rene Galaud;

enderezo descoñecido

36036A022012490001WS, 36036A02212430001WR

36036A022012450001WX, 36036A022012480001WE

Parcelas 1243, 1245, 1248 e 1249 do polígono 22,

A Riña (Santa María de Oia)

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 4 de outubro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa