Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45363

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 9 de outubro, o tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificado polas ordes do 12 de marzo (DOG núm. 51, do 13 de marzo) e do 14 de marzo (DOG núm. 53, do 15 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, acordou, de conformidade co disposto na base II.I.2.6 da convocatoria, a realización do terceiro exercicio do proceso selectivo:

Día: 18 de outubro de 2019.

Hora: 17.00 horas, en chamamento único.

Lugar: sala D do Complexo Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do número dous e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á sala onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez
Presidente do tribunal