Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre resolución de desistencia dun procedemento expropiatorio, no concello de Sobrado (expediente IN407A 2016/695-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo, a resolución desta xefatura territorial, do 30.9.2019, pola que se acorda a desistencia e o arquivamento das actuacións dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A. (antes, Unión Fenosa Distribución, S.A.), e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado LMT, CT, RBT Sante-Grixalba, no concello de Sobrado (expediente IN407A 2016/695-1).

O texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao dispor das persoas interesadas durante un prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos únicos do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, que contará a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 2 de outubro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/695-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Sante-Grixalba.

Concello: Sobrado.

Predio

Paraxe

Concello

Titularidade

12

Pena María

Sobrado

Herdeiros de Eugenio Veiga Ares