Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros Ponte de Rande de Vilaboa.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación de diversos artigos dos estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros Ponte de Rande de Vilaboa.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación as empresas individuais ou xurídicas que, observando as disposicións legais e vixentes en cada momento e cumprindo as condicións fixadas nos estatutos, se dediquen ás actividades enunciadas no artigo primeiro.

Asinantes: Marcelino Acuña, Celia Paredes Pequeño, Antonio Acuña Paredes, Javier Rouco Paredes.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego