Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45130

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración coa Fundación Fillos de Ourense (Fundaourense)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

40.000,00 €

13.8.2019

Convenio de colaboración coa Fundación +34

Atención das persoas galegas que se atopen en situación de privación de liberdade no exterior e especial necesidade

6.000,00 €

13.8.2019

Convenio de colaboración coa Fundación España Salud

Contribuír á atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

100.000,00 €

13.8.2019

Convenio de colaboración coa Asociación Española Primera Socorros Mutuos de Montevideo

Desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

20.000,00 €

24.6.2019

Convenio de colaboración coa Casa de Galicia de Montevideo

Desenvolvemento de programas de atención sociosanitaria destinados ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

35.000,00 €

24.6.2019

Convenio de colaboración co Hogar Español de Montevideo

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Montevideo (Uruguai)

20.000,00 €

24.6.2019

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Mar del Plata (Arxentina)

15.000,00 €

25.6.2019

Convenio de colaboración coa Casa de España en Río de Janeiro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos alí residentes e para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Río de Janeiro (Brasil)

30.000,00 €

6.6.2019

Convenio de colaboración coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sao Paulo

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Sao Paulo (Brasil)

12.000,00 €

7.6.2019

Convenio de colaboración coa Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos (Brasil)

12.000,00 €

8.6.2019