Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45180

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas

no segundo cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
pola AXI (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Universidade da Coruña para levar a cabo un programa de colaboración educativa.

Non ten achega económica

30.5.2019

Convenio de colaboración entre a AXI e a Fundación Eduardo Pondal, para impartir xornadas de seguridade viaria na escola de verán da contorna dos concellos de Cabanas de Bergantiños, Ponteceso, Laxe e Malpica de Bergantiños

14.995,00

1.7.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello do Bolo para mellora da estrada de Cambela ao lugar do Vao.

48.400,00

7.8.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Boborás para a redacción do proxecto de construción dunha senda peonil na OU-214.

209.000,00

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Asociación Española de la Carretera para a organización do congreso «30ª semana de la carretera».

23.939,20

10.9.2019

Addenda ao convenio de colaboración asinado o 17.4.2019 entre a AXI e o Concello de Salvaterra de Miño para a pavimentación da rúa Rosalía de Castro, PO-400 e a construción dunha senda peonil entre o núcleo urbano de Salvaterra e o núcleo de poboación das Zacoteiras.

Non supón incremento económico

18.9.2019

Addenda ao convenio asinado o 30 de decembro de 2015 entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., polo que se regula a bonificación da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57).

931.693,19

24.9.2019