Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 30 de setembro de 2019 pola que se notifica a resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento número 26 e de parcela de 150 metros cadrados do porto de Lorbé (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Frank Vega Pita, con DNI ***9982**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, resolución de desafiuzamento administrativo do departamento para armadores número 26 e de parcela de 150 m2 destinada a depósito de materiais do porto de Lorbé, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente tramítase por encontrarse extinguida a autorización e non ser factible a súa renovación pola falta de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

Por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, no Boletín Oficial del Estado número 151, do 25 de xuño de 2019, publícase cédula pola cal se notifica requirimento previo ao desafiuzamento que outorgaba un prazo máximo de dez (10) días hábiles para proceder ao desaloxo voluntario, sen que o dito requirimento fose obxecto de cumprimento e sen que exista tampouco constancia da formulación de alegacións por parte do interesado.

Este acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei; do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento e a parcela deberán ser abandonados nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do cerramento exterior ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Transcorrido o prazo máximo de dez (10) días para proceder ao desaloxo voluntario, por tratarse dunha autorización extinguida, e ao abeiro do establecido no artigo 91 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, Portos de Galicia procederá a suspender sen máis trámites a subministración de auga e de enerxía eléctrica.

Ao abeiro do establecido no artigo 148 da Lei 6/2017, de 12 de decembro, de portos de Galicia, e no 125 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Contra este acto administrativo non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, perante, á elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia