Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45094

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do sector SAUI-5 Piadela.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión extraordinaria do 10 de xullo de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do sector SAUI-5 do polígono de Piadela, Betanzos, segundo o proxecto elaborado, con data de maio de 2018, polo enxeñeiro de camiños Antonio J. Durán Maciñeira (ICCP nº 15315) e a arquitecta María C. Laborda Alberto (COAG nº 3903), proposto por Bienes Inmuebles Corporativos del Atlántico 2008, S.L.U. e Tojeiro Transportes, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, expóñense ao público polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polos interesados, nas dependencias da Secretaria municipal deste concello, e para presentar, se é o caso, as alegacións e reclamacións que consideren pertinentes.

Betanzos, 18 de setembro de 2019

María Barral Varela
Alcaldesa