Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 30 de setembro de 2019 polo que se notifica a incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/67/2018.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o 6 de agosto de 2019 incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a María Gabriela Piñeiro Costa e aos herdeiros de Nicolás Sangabriel Gago por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre no lugar de Punta Fuxiño, Cabo Home, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poder realizar a notificación persoal da incoación a María Gabriela Piñeiro Costa e aos herdeiros de Nicolás Sangabriel Gago, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita incoación mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da incoación que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística