Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de formaldehído, colas e resinas e xestión de residuos hidrocarburados. Titular: Forestal del Atlántico, S.A. (expediente 2018-IPPC-M-107).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión da autorización ambiental integrada.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) establecen o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada por Forestal del Atlántico, S.A. para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de formaldehído, colas e resinas e xestión de residuos hidrocarburados de Mugardos, para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes.

Poderase acceder a esta documentación nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2018-IPPC-M-107.

Autorización ambiental integrada: 2006/0349_NAA/IPPC_168.

Categoría principal da instalación: 4.1.b).

Categoría secundaria da instalación: 5.1.b).

Titular: Forestal del Atlántico, S.A. (A151226253):

Enderezo do titular: Punta Promontorio, s/n, 15620 Mugardos (A Coruña).

Localización da instalación: Punta Promontorio, s/n, 15620 Mugardos (A Coruña).

Actividade principal: fabricación de formaldehído, colas e resinas.

Descrición: a planta está dedicada principalmente á industria química de gran volume para a fabricación de formol e de varios tipos de colas e resinas. Conta ademais con varias actividades complementarias como o tratamento de residuos hidrocarburados para a obtención de combustibles recuperados, unha zona de almacenamento de graneis líquidos, instalacións portuarias para a carga e descarga e unha planta de coxeración.

Verteduras:

A planta conta cun punto de vertedura directo á ría de Ferrol, a onde se conducen os seguintes tipos de augas para a súa vertedura final conxunto:

• Augas residuais industriais procedentes da instalación de residuos hidrocarburados, logo de pasaxe pola EDAR desta actividade.

• Augas residuais industriais xeradas na fabricación de colas e resinas e nas instalacións da empresa IMEGASA, logo de pasaxe pola EDAR desta actividade.

• Augas residuais de refrixeración procedentes da planta de coxeración e da planta de colas e resinas, sen tratamento previo.

• Augas residuais fecais procedentes da planta e de IMEGASA, depuradas previamente en fosas sépticas.

• Augas residuais pluviais limpas, sen tratamento previo, e augas residuais pluviais procedentes dos dous cubetos dos tanques de fuelóleos e gasóleos, da explanada portuaria e da zona da planta de coxeración, logo de tratamento nunha balsa de decantación.